Utop
  • Publicado el 09/06/2016
  • TODO

Utop



UTOP

Presentación de solicitudes ata as 14.00 do 14 de xuño de 2016.

Presentada a Resolución Reitoral do 31 de maio pola que se abre prazo de solicitudes para participar no "Programa UTOP-Deporte e Liderado". Curso 2016/2017.

Se estás interesad@ en poñer en práctica un proxecto propio de dinamización deportiva esta é a túa oportunidade, porque este programa ten como obxectivo a formación do alumnado en competencias transversais como o traballo en equipo e o liderado.

O reto e a experiencia de ter que levar á práctica unha iniciativa persoal  relacionada co deporte preséntase como un medio para dotar ao alumnado de coñecementos e habilidades útiles para afrontar con maiores posibilidades de éxito futuros proxectos persoais e profesionais.

Moi valorado polas empresas na selección do seu persoal.

Co apoio de talleres formativos, a titorización e o seguimento reflexivo, o programa permite obter competencias:

-naqueles aspectos relacionados coa capacidade para guiar, cohesionar e cordinar a un grupo de persoas, planificar e organizar eventos e saber xestionar de maneira eficiente os posibles conflitos.

-para cordinarse co resto de axentes implicados, para definir obxectivos en común, comunicarse eficazmente e tomar decisións grupais.

Os estudantes que acaden unha avaliación positiva á finalización do programa recibirán o recoñecemento da formación nas competencias UTOP: traballo en equipo e liderado (5 créditos ECTS).

 

1. Persoas destinatarias

Os requisitos dos/as solicitantes son os seguintes:

-       Estar matriculadas no curso académico 2015-2016 en calquera titulación do campus de Vigo e continuar os seus estudos no curso 2016/2017.

-       Presentar un proxecto de dinamización dalgunha actividade ou evento deportivo no campus de Vigo para o curso 2016/2017 dentro do período establecido.

 

2. Proxecto de dinamización deportiva

As persoas participantes desenvolverán por si mesmas un proxecto específico de dinamización que lles permitirá formarse nas competencias de Traballo en Equipo e Liderado.

A tal efecto os estudante seleccionados contarán coa asistencia do persoal adscrito á Área de Deportes (titores  técnicos) e con persoal para seguimento do proceso de adquisición de competencias  (especialista en psicoloxía do deporte)

 

3. Incorporación e duración do programa formativo

O alumnado seleccionado incorporarase ao programa o día 6 de setembro de 2016 participando na sesión de presentación que terá lugar ás 12 horas no Edificio do Servizo de Deportes (Campus Lagoas - Marcosende).

A participación estenderase durante 150 horas que se desenvolverán entre setembro de 2016 e maio de 2017.

 

4. Estrutura do programa

O desenvolvemento do programa inclúe as seguintes actividades:

-       Talleres introdutorios: 10 horas

-       Sesións de revisión e mellora do proxecto: 10 horas

-       Diario de seguimento reflexivo: 25 horas

-       Titorías: 25 horas

-       Execución: 65 horas

-       Xornadas de coworking: 10 horas

-       Auto avaliación: 5 horas

Para apio no seguimento do programa empregarase a  Plataforma TEM@.

Descarga aquí o texto completo da convocatoria do programa UTOP.

 



Últimas noticias

Twiter feeds

Boletín

Suscribete a nuestro boletín, y enterate de todas las novedades

Nuestros colaboradores