A EEI impartirá cursos sobre ferramentas e linguaxes de programación “de plena actualidade no mercado laboral”
  • Publicado el 19/02/2019
  • TODO Vigo

A EEI impartirá cursos sobre ferramentas e linguaxes de programación “de plena actualidade no mercado laboral”

A formación complementaria e a preparación para o mercado laboral permite ás e aos futuros egresados enfrontarse á etapa profesional dende unha preparación integral. Para facelo posible os centros ofrecen unha serie de cursos de formación e complementarios sobre temas prácticos e moi específicos. A Escola de Enxeñería Industrial conta cunha oferta moi ampla de obradoiros que, na súa maioría, se desenvolverán entre os meses de maio e xullo.

Moitos destes cursos teñen xa unha longa traxectoria, nalgúns casos de máis de 15 anos, achegando ao alumnado principalmente ferramentas informáticas e linguaxes de programación de plena actualidade no mercado laboral, dende programas como Excel ata outros de deseño técnico, simulación ou xestión de bases de datos. Son, en xeral, cursos sobre “ferramentas informáticas e linguaxes de programación de plena actualidade no mercado laboral”, como resume o profesor José Ignacio Armesto, coordinado de varios deles.

matrícula está aberta tanto ao alumnado como ao persoal docente e investigador e teñen unha compoñente eminentemente práctica.

Oito cursos na Escola de Enxeñería Industrial

O curso de formación en análise avanzada da información, por exemplo, achega información sobre Excel, unha ferramenta informática amplamente empregada no mundo empresarial, tanto pola súa facilidade de uso como polas prestacións que ofrece. A docencia desenvolverase entre o 24 de maio e o 15 de xuño e permitirá ás persoas asistentes obter coñecementos avanzados para analizar información mediante a folla de cálculo Microsoft Excel.

Outro dos obradoiros que se organizan na EEI céntranse no deseño técnico con Solidworks, unha das ferramentas CAD 3D máis requiridas no marco laboral. O curso está orientado a alumnado universitario de segundo ciclo e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD de última xeración. Este curso celebrará dúas edicións, unha do 23 de maio ao 7 de xuño e outra entre o 9 e o 24 de xullo.

A oferta de cursos inclúe tamén un curso complementario de carácter semipresencial de introdución á simulación fem e cfd con Ansys, unha completa suite de software CAE (Computer Aided Engineering) que abrangue un amplo abano de físicas, dando acceso a practicamente calquera campo de simulación de enxeñaría que requira un proceso de deseño. A docencia impartirase do 9 de xullo ao 30. 

Tamén na EEI se impartirá entre o 27 de maio e o 7 de xuño o curso de formación en introdución á programación en Python. Trátase dunha linguaxe de programación de alto nivel que goza de moita popularidade en aplicación profesionais, científicas e académicas. Segundo os seus organizadores resulta especialmente adecuado para programadores principiantes e, de feito, é a linguaxe empregada nos cursos introdutorios de programación de prestixiosas universidades como Berkeley, Columbia ou o MIT. O curso é accesible tanto para persoas sen coñecementos previos de programación como para quen coñece outras linguaxes pero queren aprender Python.

Tamén centrado no eido da programación, do 27 de maio ao 6 de xuño, desenvolverase un curso sobre Java que, tras o éxito de anos anteriores, volverá ofrecer un enfoque fundamentalmente práctico para estudar os conceptos máis importantes da programación orientada a obxectos: herdanzas, programación en paralelo, interface gráfica, comunicación TCP/IP, acceso a bases de datos, acceso a web, etc. 

Outro dos cursos que repite é o de deseño, programación e administración de bases de datos, pero cunha versión actualizada. Este é o único curso que xa botou a andar e, de feito, arrancou este venres e alongarase ata o 26 de abril.  O obxectivo do curso é introducir os conceptos máis importantes do deseño, a xestión e a administración de bases datos cun enfoque práctico, abranguendo todos os temas relevantes das bases de datos relacionais.

Últimas noticias

Twiter feeds

Boletín

Suscribete a nuestro boletín, y enterate de todas las novedades

Nuestros colaboradores